Deportes Galicia

Chariot, Chumbi… A por eles!

Cinco galegos infiltraranse no Mundial Universitario de Taekwondo que se celebrará desde finais de mes na Universidade de Vigo, catro como competidores e un como árbitro. Fernando Rascado (Tao), Fani Hernández (Natural Sport Riveira), Juan Fernández (Natural de Sada) e Rebeca Mariño (Natural Sport Riveira) terán que competir cos case 300 participantes que participarán nun mundial que por primeira vez acolleraá simultaneamente unha competición de técnica e de combate. Mentras, na parte arbitral acaban de convocar á viguesa María Bautista.

Deste xeito Galicia aporta un cuarto da selección nacional, composta por 16 deportistas. Iso a pesar das dificultades: o vigués Fernando Rascado tivo que desprazarse a Catalunya para unha preselección enfrontándose a un competidor catalán e a árbitros cataláns. «O úico que pedimos é un trato igualitario para todos e coñecer as regras do xogo antes do inicio», recalcaba a presidenta da Federación Galega de Taekwondo.

Os galegos estarán concentrados dende o vindeiro xoves en Vigo e terán so unha sesión de traballo diaria para chegar ao campionato nas mellores condicións. A encargada de romper o xeo será Fani Hernández, que se estrenará o día 3, mentres que o resto dos seus compañeiros fanaro o último día de campionato, o día 4.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.