Galicia

A Axencia Tributaria de Galicia inicia este luns a atención presencial con cita previa

A Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) iniciará este luns, día 18, a atención con cita previa para realizar trámites de xeito presencial, para que aqueles cidadáns que así o precisen poidan presentar autoliquidacións dos impostos que
xestiona a Administración autonómica.

A día de hoxe, os prazos de presentación dos principais impostos xestidonados pola ATRIGA (Transmisións Patrimoniais, Actos Xurídicos Documentados e Sucesións e Doazóns) permanecen suspendidos, tal como establece a Orde da Consellería de Facenda.

Aqueles cidadáns que así o precisen poden –de xeito voluntario– presentar as autoliquidacións destes impostos. Para facilitar esta presentación, a ATRIGA activa un servizo de cita previa que permitirá realizar a presentación dos modelos 620 (transmisión de vehículos), modelo 600 (transmisións) e modelos 650/651 (sucesións e doazóns).

Para solicitar a cita previa, as persoas interesadas deben acceder á web da ATRIGA ( www.atriga.gal ), onde se lle outorgará unha data e unha hora na que será atendida. O día da cita, a persoa non debe presentarse na oficina de atención con máis de 5 minutos de antelación á hora da cita e deberá levar o xustificante da mesma para que o persoal de control de accesos lle permita o acceso ao edificio.

Ademais, deberanse seguir as medidas de protección obrigatorias. Así, o acceso ás oficinas de atención ao público farase de xeito individual, e se nalgún momento as autoridades sanitarias determinan o uso para a poboación, con carácter obrigatorio, de elementos de protección (como máscaras ou luvas), os usuarios deberán portar ditos elementos.

Ao mesmo tampo, deberase manter unha distancia mínima de seguridade de 2 metros cos demais usuarios e co persoal de atención ao público; o tempo de permanencia dos usuarios no interior da oficina non pode superar os 15 minutos, e ao entrar no edificio deberase realizar unha adecuada hixiene das mans, empregando auga e xabón ou unha solución hidroalcohólica. E o público visitante non poderá empregar os equipos informáticos, material de oficina ou outros obxectos dos empregados públicos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.