Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

@vigohistorico difunde un vídeo no que demostra que o túnel non é necesario para facer peonil a Porta do Sol

O colectivo VigoHistorico vén de publica un vídeo onde demostra que o túnel é «completamente innecesario» para a peonalización da porta do Sol. Neste vídeo, resumo do traballo “outros camiños para a peonalización”, explica como se podería proceder a liberar de tráfico de forma gradual, máis sostible e respectuosa co patrimonio.

Dacordo cos seus estudos, «a peonalización sen túnel é moito máis necesaria e posible que nunca, xa que o que se necesita para a saida da pandemia do COVID-19 é espazo social nas vilas. Sair do confinamento aproveitando para limpar de fumes Vigo».

Na opinión deste colectivo, bastaría aplicar as acertadas medidas de cortes de tráfico que está a realizar o Concello, e gardar os fondos do túnel para outras infraestructuras orientadas a reducir o tráfico, non a soterralo. «Fondos que poderían ser destinados tamén á reconstrucción da actividade post confinamento. Xa que a propia Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP)  promove cambios na destinación de fondos da  Estratexia de Desarrollo Urbano Sostenible e Integrado (EDUSI) para a loita contra o virus e a recuperación económica».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.