Destacados Vigo al minuto

@bngvigo pide que a Oficina do Consumidor vixíe a subida de prezo de produtos básico

O Bloque Nacionalista Galego vén de informar que trasladará ao Comité Municipal de Seguimento da Covid 19 da proposta de que active a Oficina Municipal de Atención e Información ao Consumidor (OMIC) durante esta situación de emerxencia sanitaria.

O BNG demanda que a OMIC ‘monitorice’ a evolución dos prezos de produtos básicos e que habilite medios para asesorar telematicamente as veciñas e veciños de Vigo en cuestións como o dereito ao reembolso de servizos cancelados polo confinamento. 

Aumento de prezos de produtos esesnciais

«Estamos recibindo indicios de incrementos de prezos en produtos esenciais, como alimentos e artigos de hixiene, o que pode poñer nunha situación moi complexa ás familias de menores recursos e empobrecidas», explicou o concelleiro Xabier P. Igrexas.

Fronte ese risco, Igrexas avogou porque a OMIC realice un seguimento da evolución dos prezos para evitar situacións de abuso e dispor de información que poder facilitar á Xunta e ao Goberno español por se for preciso tomar medidas para asegurar o acceso de toda a poboación a este tipo de bens «indispensábeis». 

Aliás, Igrexas sostén que diante da desinformación e da confusión sobre os dereitos en materia de consumo no contexto deste confinamento, a OMIC debe tamén ofrecer «asesoramento e asistencia» a todas as viguesas e vigueses en cuestións como o dereito ao reembolso dos custos daqueles servizos e produtos cancelados pola crise sanitaria. «Falamos de cuestións como as cotas de ximnasio, entradas a espectáculos ou cursos formativos en modalidade presencial», exemplificou. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.