Comarcas Destacados

Centos de veciños de A Cañiza maniféstanse ante a perda do médico do Centro Médico de Valeixe

Os veciños de Valeixe, aos que se sumaron todos os usuarios de todo o Punto de Atención Continuada (PAC) da Cañiza, manifestáronse este sábado para denunciar a perda do médico que atendía no Centro Médico desta parroquia, esixindo ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que se cubra de inmediato esa praza, e para clamar contra o «desmantelamento do medio rural por parte da Consellería de Sanidade».

Segundo indicou o alcalde, Luis Piña, «ata o momento e a pesares de todas as reivindicacións levadas a cabo durante os últimos meses, non houbo unha resposta favorable por parte da administración. Ninguén buscou unha solución definitiva».

O alcalde subliña que «a reducción deste servizo provoca que máis de 700 usuarios estemos sen médico dende hai varios meses polo que estamos obrigados a desprazarnos ata o PAC de A Cañiza pero en horario de tarde e só dous días na semana». 

Ante isto, a solución é que un dos médicos do PAC de A Cañiza atenda a estes veciños «en determinadas horas» o que, segundo indican os mesmos causa unha atención moi precaria.

Dende a Xunta insisten en que as xubilacións de médicos de Atención Primaria son a causa de que a día de hoxe non se poidan cubrir as prazas vacantes xa que non hai substitutos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.