Comarcas Destacados

@depo_es destinará 2 millóns a humanizar Ronda de Don Bosco e a obras en 13 parroquias

A Deputación asinou este venres co Concello os convenios para financiar a humanización da Ronda de Don Bosco e a execución de obras en diversos viarios

A súa presidenta, Carmela Silva, repasou os investimentos levados a cabo pola institución provincial en Vigo, logo do acto de sinatura coa alcalde de dous novos convenios, a través dos cales a institución provincial achegará ao concello preto de 2 millóns de euros.

Trátase do proxecto de humanización da Ronda de Don Bosco e a execución de obras de substitución de firmes en viarios municipais de diferentes parroquias -Alcabre, Beade, Castrelos, Cabral, Candeán, Coruxo, Lavadores, Matamá, Oia, Sádroma, Valadares, Teis e Zamáns- como informara vigoalminuto.

Carmela Silva subliñou que «a Deputación cumpre con Vigo. Somos a administración supramunicipal que máis inviste neste concello» e explicou que «isto entendémolo como unha obriga, xa que estamos falando da cidade máis grande de Pontevedra e de Galicia, dunha cidade á que veciños e veciñas doutros concellos acoden habitualmente a facer todo tipo de actividades».

Na súa intervención tamén aproveitou para facer balance das inversións en Vigo e salientou que «a Deputación de Pontevedra investiu en importantes actuacións para a cidade como a humanización da estrada provincial e doutras rúas de diferentes parroquias de Vigo, a recuperación de Villa Solita, a renovación do Estadio de Balaídos, o novo Pavillón de Quirós, a reforma do Pavillón Polideportivo do IES de Beade, as novas aulas da UNED ou no carril bici entre Teis e Samil, entre outras moitas obras».

Amais Silva salientou que «na Deputación de Pontevedra apostamos polo deporte en Vigo adiando recursos para o Mundial Júnior de Balonmán, o J70 Villalia Series, a fase final da Euroliga 3, ao World Padel Tour e por suposto tamén investimos en outras moitas áreas como turismo, igualdade, medio ambiente ou cultura».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.