Galicia Vigo al minuto

@carmelasilva presenta en Culturgal o libro ‘María Vinyals, a muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo’

“Quen sabia de María Vinyals, quen coñecía a María?. Hai unha especie de xustiza poética que nos permite recuperar a figuras históricas como ela.» Con estas palabras presentou a presidenta da Deputación, este sábado en Culturgal, a o libro “María Vinyals, a muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo”, un ensaio do historiador pontevedrés Diego Piay, editado por Alvarellos en colaboración coa institución provincial.

A obra, que se publicará en tres idiomas (galego, castelán e inglés), parte dunha profunda investigación e relata a vida da pioneira feminista e a súa familia aportando material inédito, tanto documental, como gráfico e de testemuñas orais.

O libro, que repasa polo miúdo as sete vidas que medraron baixo a sombra da fortaleza, en referencias á familia da protagonista, xurdiu da necesidade de aproximar ao público os resultados do exhaustivo estudio do autor que se levou a cabo durante o Proxecto de Musealización do Castelo, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Na súa intervención, Carmela Silva, declarou a súa total admiración por María Vinyals,. “Estamos namorados da figura desta muller e coñecela foi unha das cousas mais fermosas que pasounos nestes anos”. A presidenta provincial definiu a Vinyals como unha avanzada da súa complexa época. “Rachou con clichés e estereotipos. Foi unha muller cultísima, escritora, pintora, que se relacionou con todo o mundo da cultura, feminista, viaxeira e progresista. Unha muller rexa como as galegas e que, aínda sendo tan viaxeira, acabou dicindo que nunca atopara un lugar tan fermoso como esta provincia, algo que eu ratificou cen anos despois”.

Carmela Silva agradeceu o seu marabilloso traballo a Diego Piay “como investigador comprometido, creativo e respectuoso, así como a todos e a todas as persoas que tanto traballaron nesta investigación”.

Nova exposición no Castelo
A aposta da Deputación por María Vinyals continuará en decembro. A presidenta provincial aproveitou a presentación do libro en Culturgal para anunciar que “a partir do día 17 e durante todo o mes de xaneiro” o Castelo de Soutomaior será escenario dunha nova exposición sobre a súa figura. “Un soño chamado Soutomaior: María Vinyals 1910-1917” será o título da mostra na que, tal e como explicou Silva, abórdase de maneira monográfica os anos nos que Vinyals, o seu segundo marido Enrique Lluria, e os seus fillos/as habitaron no Castelo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.