Ciencia y Tecnología Galicia

O Concello licita o servizo sanitario de CEDRO por 752.000€ anuais

O Goberno Local vén de aprobar a licitación do servizo sanitario asistencia de apoio á Unidade Asistencial de Drogodependencias de CEDRO, o centro municipal de tratamento das drogodependencias, un contrato que sae por tres anos, a razón de 752.000€ anuais.

O Concello mantén en funcionamento este servizo desde hai máis 30 anos e o pasado 2018 contou cun volume asistencial total superior ás 1.000 persoas.

O alcalde sinalou este mércores que as administracións locais non teñen competencias en materia sanitaria, pois é unha responsabilidade autonómica. Pese a todo, «nunca imos de deixar de atendelo», ao tempo que sinalou que hai un “descenso paulatino” na achega da Xunta, de xeito que, na actualidade está mantido polo Concello que aporta o 63% do seu orzamento anual.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.