Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo pide o cumprimento dos acordos municipais ante a proliferación de casas de apostas en Vigo

Ante a recente apertura dunha casa de apostas en Navia, Marea de Vigo reitera a “necesidade e a urxencia” do cumprimento dos acordos do Pleno de febreiro.

Nos mesmos, a Corporación aprobaba por unanimidade unha serie de actuacións que levaban como obxectivo poñerlle freo á proliferación das casas de apostas.

Dentro destes acordos, por unha banda instábase tanto ao Goberno do Estado coma ao autonómico a iniciar unha serie de reformas legais encamiñadas ao control desta actividade, e pola outra, ao propio Goberno local, ao que ían dirixidos cinco dos acordos, “sobre os cales o propio Goberno de Abel Caballero non ten iniciada ningún tipo de actuación ata o día de hoxe”.

Segundo o voceiro de Marea de Vigo “a administración local tamén ten responsabilidade sobre o control das casas de apostas, e é nesta administración na que se deben facer, entre outras accións, as modificacións das ordenanzas que sexan necesarias para poder frear dalgún xeito esta praga».

No caso do barrio de Navia, é a veciñanza quen se está movendo de xeito moi activo, e a que ten convocado, xunto a diferentes movementos sociais e sindicais, mobilizacións para amosar o seu rexeitamento á apertura dunha casa de apostas no seu barrio, un dos barrios con poboación máis nova do conxunto do Estado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.