Galicia Vigo al minuto

@En_Marea esixe a @FeijooGalicia que cese ao conselleiro de Sanidade e ao xerente da Área Sanitaria de Vigo

En Marea levará ao Parlamento de Galicia a súa esixencia de «cese inmediato» do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e do xerente da área sanitaria de Vigo polo que considera “un maltrato continuo ao que veñen sometendo aos profesionais da sanidade”.

Segundo o voceiro de En Marea, que estivo este mércores na cidade, “esta situación se deixa notar especialmente na Área Sanitaria de Vigo, cuxos traballadores denuncian coaccións e imposicións que supoñen graves ataques contra os seus dereitos laborais. E que, en última instancia, redundan nunha perda da calidade asistencial que reciben os pacientes”.

Xuntanza con PACs e Médicas Precarias

Logo de manter unha xuntanza con representantes de ‘PACs en Pé de Guerra’ e do colectivo de ‘Médicas Precarias’, Luis Villares aseguroy que  ven de constatar, “unha vez máis, a nefasta e intolerable xestión que o Goberno galego está a impulsar en materia sanitaria”.

Por iso, En Marea volverá levar ao Parlamento de Galicia as “xustas demandas” dunas profesionais que «denuncian coaccións á hora de establecer horarios e quedas de traballo que non son consensuadas. Ademais de imposición de xornadas abusivas que non permiten unha planificación laboral mínima nin conciliar a nivel persoal».

A xuízo de En Marea, é de especial gravidade que a Xunta de Galicia estea amparando e promovendo prácticas que imposibilitan a conciliación familiar entre o seu funcionariado. «Estanse retrasando petición de reducción de xornada ou solicitudes de excelencias para coidado da familiar, feitos moi graves. Que clase de servizo público está prestando a Xunta cando maltrata deste xeito aos seus funcionarios?».

«Volveremos pedir no Parlamento de Galicia o reemprazo inmediato do conselleiro de Sanidade e do xerente da área sanitaria de Vigo, porque non son aceptables as condicións ás que se está sometendo aos profesionais sanitarios», anunciou Luís Villares, que explica o contido dunha moción que incidirá nos cinco  puntos propostos polos colectivos e que motivaron a folga na Atención Primaria , da que informaba onte vigoalminuto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.