Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Médicos dos PAC de Vigo rexeitan o modelo de Atención Primaria da Xunta e fan unha contraproposta

A mesma foi apoiada, por unanimidade, na asamblea celebrado no Colexio Médico de Vigo

O Colectivo ‘PAC´s en Pé de Guerra’ de Vigo mantivo unha xuntanza este xoves,  21 de febreiro, para valorar as votacións ao borrador presentado pola Administración e o novo modelo de Atención Primaria.

Os traballadores lamentaron que o Goberno de Galicia dea por pechada a negociación. Valorouse,” coa participación das persoas máis criticas”, a posibilidade de mellora do borrador. A conclusión foi unha “contraproposta de consenso apoiada por unanimidade na asemblea celebrada no Colexio Médico de Vigo.

Situación da Atención Primaria na Área de Vigo

Tamén se abordou a nova situación que se está a dar en toda a Atención Primaria coa mobilización do colectivo de Precarias afectadas polo contrato lixo ofertado polo Sergas, o descontento xeneralizado das traballadoras de Atención Primaria e a falta de concreción nas reivindicacións trasladadas polos xefes de servizo.

Asemade,valorouse de forma moi negativa” o documento do Novo Modelo de Atención Primaria. Neste documento moitas das reivindicacións realizadas polo colectivo de PAC´s, como a falta de persoal, non son abordadas de forma directa. Non define como será o traballo das Urxencias Extrahospitalarias nin si se manterá o actual horario de atención. Deixa entrever unha “volta ao modelo anterior baseado nunhas Urxencias Extrahospitalarias sen dotación de persoal propio e pivotado sobre a voluntariedade das persoas que desenvolven a súa labor en consulta ordinaria”.

Ao colectivo preocúpalle a falta de claridade e a incerteza que hai nestes momentos sobre o seu futuro.

Denegación de días por asuntos propios

Por último, o colectivo quere denunciar unha vez máis a denegación sistematica dos días por asuntos propios por necesidades asistenciais. Os permisos por asuntos propios de 2018 poden solicitarse ata o 31 de marzo e moitos  foron denegados.

De “especial gravidade é a situación do PAC de Porriño”. Alí, a “Xerencia obriga ao equipo a traballar por falla de persoal, no seu  fin de semana libre do mes,». Ao mesmo tempo, “nos últimos días continuouse cos descubertos nalgúns servizos como Vigo ou A Guarda”. A xuízo dos traballadores, “se esta é a situación en febreiro, é seguro que no verán nos vexamos novamente desbordados”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.