Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia o abandono das parroquias da cidade e pide investir xa nelas 2,5 millóns

Acusan ao Goberno local de esqueer ao 100.000 vigueses que viven no rural e de facer obras naquelas partes de Vigo que entende que son «caldairos de votos»

Imaxes: Paula Crespo/Os respesentantes do Grupo Municipal de Marea de Vigo denunciaron este mércores que o Goberno local non inviste nas parroquias da cidade as cantidades que asegura e acusaron ao executivo de Abel Caballero de ter “completamente abandonado” o rural da cidade.

Xosé Lois Jácome criticou o feito de que o Goberno municipal faga obras naquelas partes de Vigo nos que entende que ten “caladoiro de votos…nas que pode sacar ventaxe electoral” e esqueza completamente ás veciñas e veciños das parroquias, “que están abandoados non so en inversións, tamén en atención”.

Pola súa banda, Rubén Pérez advertiu que no orzamento municipal, ano tras ano hai 400.000€ que se anuncia que vanse investir na zona rural de Vigo e que finalmente non se gastan no que se asegura.

A esta cantidade, sinalou o voceiro de Marea de Vigo, hai que sumar os 2.500.000€ que non se gastaron do orzamentado para este ano que, reclamou, deberían de destinarse a mellorar a vida dos 100.000 vigueses que viven no rural desta cidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.