Cultura Galicia

@depo_es e Concello apoian a segunda edición do @VigoSeaFest que abrirá na zona do Náutico dende o xoves

O evento gastronómico, que exalta o peixe e marisco de Vigo, celébrase desde o xoves e ata o domingo na Zona Naútico

A presidenta da Deputación subliñou este martes na presentación do “Vigo Sea Fest”  a aposta pola sustentabilidade do mar e o concepto de igualdade en todas as actividades que van desenvolverse dende o próximo xoves. Carmela Silva asegurou que os “vigueses e viguesas non poden perderse unha festa vinculada ao produto estrela da pesca na cidade que é capital da pesca en Europa”.

Silva xunto o alcalde Caballero, o presidente do Porto de Vigo, a delegada de Zona Franca e a directora xeral de Pesca, amais do presidente da Cooperativa de Armadores, Javier Touza, presentaron no gastro-mercado do Berbés a cita do “Vigo Sea Fest”, que se celebra na zona do Náutico ao longo deste fin de semana nunha superficie de máis de 20.000 metros cadrados. 

Para a presidenta da Deputación o “Vigo Sea Fest” demostra o compromiso do sector privado da cidade vinculado a pesca coa idea de promocionar e dar a coñecer os seus produtos e, sobre todo, cunha explotación sustentable do mar. “Amais este compromiso estendese este ano por facer unha forte aposta por concienciar no uso dos plásticos que tanto  dano están a facer aos nosos océanos”, subliñou Silva.

Abel Caballero felicitou aos organizadores, a cooperativa de armadores Arvi, por esta iniciativa e tamén mostrou o seu respecto e admiración polos cociñeiros e por todos os que traballan no mundo do mar. “Este festival é unha magnífica forma de atoparnos, gozar e lanzar ao mundo unha mensaxe: que Vigo é a cidade na que temos o mellor peixe, marisco e os mellores cociñeiros”

“Vigo Sea Fest vai ser o gran festival do peixe na nosa cidade con todas as elaboracións que  se poden facer con el e que imos comprobar coas preparacións que van facer os cociñeiros e cociñeiras e que farán que o produto se convirta en excelente da man destes excelentes profesionais”,engadiu e salientou que dende o xoves e durante todo o fin de semana a cidade vaise encher de grandes emocións ligados a este produto que é o peixe e que “tanto fala da nosa cidade” e que é “algo que todos os visitantes buscan”.

Previamente, na Alcaldía, Carmela Silva e Abel Caballero, asinaron coa presencia do presidente e do xerente da Cooperativa de Armadores, Javier Touza e José Antonio Suárez-Llanos, un convenio de colaboración polo que a Deputación aporta 50.000€ e o concello de Vigo 105.000 para financiar a celebración do festival.

También te puede interesar