Galicia Sucesos

@En_Marea esixe a dimisión «inmediata» da Valedora do Pobo » tras tentar enchufar á irmá do voceiro parlamentario do PP»

En Marea vén de pedir a demisión “inmediata” da Valedora do Pobo, Milagros Otero, tras coñecer a sentenza na que o Tribular Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anula o nomeamento para a praza de Xefa do servizo de administración e persoal.

Esta praza, sinala En Marea, segundo explica a sentenza foi aduxicada «con arbitrariedade» e «desvío de poder» por parte da valedora a unha persoa coa que tiña relación e que viña a ser María Puy Fraga, filla do que foi catedrático de Dereito da propia Milagros Otero, e que tamén é irmá do actual portavoz parlamentario do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy Fraga.

https://www.youtube.com/watch?v=R0_eW0UM9n4

O TXSG, engade En Marea, anula esa praza, considera probada a intercesión da valedora para conceder ese posto e obriga a repetir a convocatoria. En Marea considera que a Valedora non pode continuar «nin un minuto máis» como responsable dunha institución que debe «mirar polos dereitos dos galegos».

O voceiro de En Marea, Luís Villares, esixiu a dimisión da Valedora pola súa «actitude corrupta» e porque «non ten sentido que a presidenta da institución que ten que evitar os abusos de poder, actuase abusando do seu poder para enchufar a xente próxima a ela». Para Villares, ademais do feito de que Milagros Otero «enchufase» a unha «amiga súa», supón un «desprezo polos demais aspirantes ao cargo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.