Vigo al minuto

Xa podes subir nas escaleiras mecánicas da Porta do Sol ate casi o Concello

Imaxes: vigoalminuto/A segunda fase das escaleiras mecánicas da rúa II República quedaron inauguradas este xoves para completar o obxectivo da mellora de accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. O alcalde procedeu á posta en marcha das cintas transportadoras xunto á presidenta da Deputación e primeira tenente de alcalde, Carmela Silva e o concelleiro de Fomento e segundo tenente de alcalde, David Regades.

A construción desta segunda fase supuxo un investimento de 1 millón de euros, de forma que o custe total da obra alcanzou os 1,818 millóns.

https://www.facebook.com/vamvigoalminuto/videos/2070910989590092/?t=11

O obra das escaleiras de II República forma parte do proxecto Edusi (Desarrollo Urbano Sostenible) «Unha maneira de facer Europa» que a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) concedeu un total de 15 millóns para o Vigo Vertical.

Durante a construción desta segunda fase das escaleiras apareceron restos arqueolóxicos, una parte da antiga muralla da cidade e unha mina de auga que foi preservada e descuberta mediante unha porta de cristal para poder «ver unha parte da historia da cidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.