Vigo al minuto

A nova estación do AVE, en Urzáiz creará 2.000 empregos e estará rematada no verán do ano 2020

2.000 empregos-entre directos e indirectos- cando estea rematada no ano 2020, e 900 mentres se constrúe. Este é un dos eidos salientados este martes na presentación da obra, polo alcalde e o director xeral da empresa que realizará a obra, Immochan.

É o novo Centro Vialia de Urzaiz, que, como sinalou Abel Caballero, fará realidade o deseño da estación do AVE pensada polo arquitecto Thom Mayne. “Quero dicir á cidade que estamos iniciando a obra máis importante da modernidade de Vigo desde O Berbés, a Praza da Constitución, o Ensanche, Policarpo Sanz, García Barbón”, asegurou o alcalde.

Pola súa banda, Manuel Teba indicou que “queremos establecer relación con asociacións de comercio e cultura, queremos ser un actor activo na cidade, como exemplo haberá unha gran praza pública cuberta de 23.000 metros cadrados no acceso principal».

O investimento da empresa será de 84 millóns, a obra comezaría a inicios do vindeiro verán e ten un prazo de execución duns 24 meses.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.