'Qué te cuentas?' Vigo al minuto

O PP vota en contra de que a Xunta inste ao Goberno do Estado a que anule a suba do 4% nos peaxes da AP-9

O Partido Popular votou en contra de que a Xunta inste ao Goberno Rajoy a que anule o acordó de Audasa, concesionaria da autoestrada, de subir preto dun 4% as peaxes o ano que ven.

A proposición non de lei, presentada por Manuel Lago, deputado de En Marea Manuel, obtivo o apoio dos deputados do PSdG e do BNG que consideraron intolerable este aumento no prezo que pagan xa os usuarios da AP-9.

O deputado de En Marea cualificou a Audasa coma «un dos poderes fácticos de Galicia”, que fai a súa vontade, da igual quen goberne, e esixiu que se evitase esta “estafa” e o “atraco” aos galegos dende o vindeiro 1 de xaneiro de 2018.

Pola súa banda o Partido Popular, por medio do seu deputado Martín Fernández, xustificou o seu voto en contra sinalando que a AP-9 é unha infraestrutura de “interese xeral do Estado” que ten unha concesión de explotación “privada temporal”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.