Comarcas

O Concello de Redondela concedeu Axudas de Comedor Escolar por un importe de máis de 25.000€

Concellería de Benestar, que dirixe María del Carmen Amoedo, concedeu este curso 2017-2018 Axudas de Comedor Escolar por un importe total de 25.290,50€.

Podían solicitar as mesmas as unidades familiares, e de convivencia, nas que houbese menores escolarizados en centros públicos situados no Concello de Redondela e que cursasen 2º ciclo de Educación Infantil (3-5 anos) ou Educación Primaria, e fixesen uso do servizo de comedor escolar.

O Goberno local aprobara estas axudas para cubrir o período que abrangue dende o comezo do ano lectivo, en setembro de 2017, ata o remate do mesmo, en xuño de 2018 e os requisitos para optar a elas eran que os solicitantes estivesen empadroados en Redondela, e con residencia efectiva permanente na vila, cunha antigüidade mínima de 1 ano inmediatamente anterior á data das bases e convocatoria, contar con praza adxudicada para os menores no servizo de comedor escolar dun centro educativo público situado no concello de Redondela e non exceder dunha renda per cápita anual para a unidade familiar dos menores, no caso das familias de 2 membros, 12.000€; de 3 integrantes, 15.000€; de 4 compoñentes, 18.000€; de 5 persoas, 21.000€ e de 6, non máis de 24.000€.

O Concello xa adiantou para este primeiro trimestre escolar axudas por un importe de 6.910,63€ ás familias que realizaran a solicitude e que cumprían as condicións establecidas na convocatoria.

Maria del Carmen Amoedo, salienta que a concesión destas axudas resolveuse este ano a primeira semana de novembro, cando no anterior curso escolar non se fixera antes do mes de febreiro e lembra que xa as bases polas que se regulamentaban estas axudas, así coma o prazo de apertura de solicitudes, adiantáronse máis de dous mes en relación con outros anos, “en 2016 o prazo non rematara ata o 22 de setembro, cando xa comezara o curso”.

Así mesmo, a tenente de alcalde subliña a importancia destas axudas que teñen coma obxectivo esencial «garantir a escolarización, compensar as posibles carencias de tipo familiar ou económico, evitar situacións de risco, facilitar o rendemento escolar e asegurar unha nutrición axeitada ás rapazas e rapaces «.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.