Vigo al minuto

O encoro de Zamáns está ao 55% da súa capacidade total

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 56% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 61,20%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 55,47.

Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos a 25 de setembro, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de encorado de 386,45 Hm3, dos 690,15 de volumen total.

A maior parte dos embalses de abastecemento presentan valores arredor do 60% da súa ocupación, agás Cecebre e Zamáns, que se sitúan no 55% aproximadamente. Ademais, hai outras presas que presentan índices dispares en función da súa capacidade e uso, como é o caso de Baiona, Vilagarcía ou Pontillón do Castro cuxos valores están entre o 44, 14 e 93%, respectivamente.

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Touro é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 85,71%. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase 8 puntos por debaixo, xa que o 29 de xullo de 2016 estaban ao 63,96%, fronte ao 56 por cento actual.

O Goberno de Galicia indica que cómpre sinalar que, pese a que os encoros presentan niveis inferiores con respecto ao ano pasado, o abastecemento á poboación está garantido, incluso naqueles pequenos núcleos abastecidos dende mananciais ou acuíferos, que están a acusar os efectos desta situación. É importante lembrar que a situación de prealerta na que se atopa Gaicia activouse debido ao baixo caudal dos ríos e dos acuíferos, que a causa do déficit de precipitacións, teñen dificultades para recargarse.

Dende Augas de Galicia, reitérase a necesidade de realizar un uso responsable da auga e máis tendo en conta a situación de prealerta por seca na que nos atopamos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.