Ciencia y Tecnología

Os sindicatos convocarán folga na sanidade galega o vindeiro mes de novembro

Os sindicatos CESM e O’MEGA anunciaron a convocatoria dunha folga na sanidade a partir do próximo mes de novembro para exixir á Xunta que inclúa nos orzamentos de 2018 a partida económica necesaria para negociar a Carreira Profesional.

Nun comunicado, as centrais sindicais explican que na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada este mércores non se negociou  a carreira profesional, co argumento  por parte do Goberno galego de que primeiro sería necesario contar con respaldo económico, algo que, dacordo cos sindicatos, non pasará ata o año 2019.

As centrais sinalan que este aargumento “é pór o carro diante dos bois», e reclaman que se solicite unha partida e se inclúa nuns orzamentos que «presumen de ser os máis altos en anos».

Os sindicatos aclaran que a convocatoria de folga se realiza en novembro, amosando deste xeito a súa  vontade de acordo e dando «prazo razoable» á Administración para que «cambie de actitude».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.