
Carlos Díaz | vigoalminuto
Galicia pechou setembro cunha temperatura media de 20,4 graos, 2,4 graos por riba do habitual. Foi o segundo setembro máis cálido desde 1961, ano no que comeza a serie histórica de MeteoGalicia, só por detrás do de 2018.
O mes tamén foi seco. A precipitación media quedou en 37 litros por metro cadrado, un 52% menos do habitual. A maior parte da chuvia concentrouse nos días 8, 29 e 30.
Episodios de calor en todo o territorio
As temperaturas estiveron por riba dos valores habituais durante boa parte do mes. O predominio das situacións anticiclónicas e a entrada de masas de aire cálido procedentes do norte de África favoreceron varios episodios de calor.
Durante os primeiros días de setembro alcanzáronse máximas de:
- 38,9 graos en Ourense
- 36,8 graos en Santiago
- 36,6 graos en Lugo
Os meses de setembro de 2018 e 2017 son os precedentes máis próximos en canto á falta de precipitación. Neses anos choveu, respectivamente, un 70% e un 67% menos do habitual.
A previsión de MeteoGalicia para a ponte, en Vigo, é de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas sen cambios entre 22 e 24 graos. Non haberá precipitacións |
Temperaturas en ascenso para a ponte do 12 de outubro
MeteoGalicia prevé que a inestabilidade dos últimos días dea paso a partir deste xoves a unha situación máis anticiclónica. As temperaturas comezarán a subir progresivamente o venres.
A previsión para a ponte do 12 de outubro apunta a tempo seco e temperaturas suaves.
A Xunta sinala que os episodios de calor son cada vez máis frecuentes e sitúa o aumento medio da temperatura en Galicia en aproximadamente 0,2 graos por década.
Unha rede con 160 estacións meteorolóxicas
MeteoGalicia dispón dunha Rede de Observación Meteorolóxica formada por 160 estacións, catro sensores para detectar raios e un radar situado en Cuntis. Os datos permiten facer un seguimento continuo da evolución do tempo e dos fenómenos meteorolóxicos adversos.
A Xunta tamén puxo en marcha esta semana o Portal de Acción Climática de Galicia, unha plataforma que reúne información e recursos relacionados co cambio climático e as políticas de transición climática.
OuTraS NoVaS
- Paga una cámara por internet, nunca la recibe y acaba destapando una red de blanqueo
- Tivemos o segundo setembro máis quente desde 1961
- Morre aos 90 anos Xosé Manuel Beiras, figura clave do nacionalismo galego
- Muere Maricarmen, la mujer de 87 años cuyo desahucio puso la vivienda en el centro del debate
- Vigo pierde 3,5 millones del Estado destinados a pagar los descuentos de Vitrasa





