Vigo al minuto

As 9 bandeiras azuis izadas este martes sinalan a Vigo coma a cidade española con máis distincións

O alcalde participou este martes no izado das 9 bandeiras azuis que ten Vigo nas praias, ás que se suman outros tres sendeiros, cifras que converten á cidade olívica na urbe española con máis distincións azuis.

As 9 bandeiras pódense ver nas praias da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras, estas dúas últimas, nas Illas Cíes. Ademais, tamén en tres camiños: a senda entre Faros das Cíes, a litoral e do Monte da Guía en Teis e a do Lagares.

Abel Caballero sinalou  as incidencias atendidas polo servizo municipal de salvamento e socorrismo nos primeiros quince días de funcionamento: preto de 500, a maioría sanitarias leves e feridas, ademáis dos 13 menores extraviados nos areais, “un ao día”, salientou o alcalde, quen pediu aos país máis atención nas praias.

Caballero engadiu que o Concello dispuxo 12 desfibriladores nas praias de Vigo e xa ten en funcionamento as cadeiras anfibias en Samil, e “de inmediato” no Vao, para facilitar o baño a persoas con discapacidade.

O dispositivo municipal nas praias supera os 100 profesionais, lembrou o alcalde, entre os axentes da Policía Local, o persoal de socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria, os socorristas das piscinas de Samil e os traballadores de limpeza.

También te puede interesar