Vigo al minuto

Este xoves, día 15, empezan a traballar os socorristas nas praias de Vigo

O Concello pon este xoves en funcionamento o dispositivo de verán en dez praias da cidade: A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada (Alcabre), Samil, O Vao, Fontaíña (Coruxo), Canido (San Miguel de Oia), Fortiñón (Saiáns), Rodas e Figueiras (Illas Cíes).

O  servizo municipal de salvamento e socorrismo estará composto por 81 profesionais en total e funcionará do 15 de xuño ao 15 de setembro. O Concello adica 426.000€ ao mesmo co obxectivo de procurar a máxima «seguridade» aos usuarios das praias da cidade.

O alcalde ssinalou que 65 persoas se encargarán do socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria nas praias, mentres que outros 16 axentes da Unidade Costa e Praia da Policía Local, con base en Samil, cubrirán todo o litoral vigués, incluídas as Illas Cíes. A este respecto, este ano haberá un reforzó da presenza policial no arquipélago nas noites das fins de semana, cando poderá haber ata seis efectivos.

Autobuses ás praias

O Concello e Vitrasa amplían dende este mércores o percorrido das liñas C3, L4C e L23 para dar servizo ás praias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.