Deportes Vigo al minuto

Vigo Cup incorpora o fútbol sala e, cuns 6.700 participantes, será unha das meirandes competicións do Estado

A XVII Vigo Cup de fútbol base, que se disputa do 3 ao 9 de xullo,  engade este verán á fútbol e fútbol 7, a primeira edición do campionato de fútbol sala, o cal fará que sexan case medio milleiro o número de equipos participantes, entre os de fútbol (200) e os de fútbol sala (280), segundo as estimacións dos organizadores. En total, entre deportistas, árbitros, técnicos, voluntarios «haberá máis de 6.700 deportistas», adiantou este martes o alcalde.

A edición deste 2017 terá outra novidade: os campións e finalistas da edición 2016 que se inscriban na de este ano irán directamente á fase final sen necesidade de xogar a liguiña clasificatoria.

O prazo de inscrición das competicións baixo a marca Vigo Cup está aberto e a organización espera contar con todos os clubs vigueses, pero tamén con entidades da provincia, algunhas do resto de Galicia –coma Santiago e Lugo no caso do fútbol sala- e unha representación doutras comunidades. Os dous torneos traballan arreo tamén para contar cun importante grupo de equipos de Portugal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.