Deportes Destacados

Un millar de nenos sacan o balonmán á rúa

Miles de persoas reuníronse na Praza da Estrela.
Miles de persoas reuníronse na Praza da Estrela.

Tres anos sacando o balonmán a rúa, o primeiro en Vigo. A Praza da Estrela  encheuse de preto de mil nenos que dende as 10:30 horas e ata as 18:30 horas desta tarde diputarán ata 180 partidos de 10 minutos de duración cada un nas seis pistas dispostas para a ocasión. Nesta edición inscribíronse en total 98 equipos (33 da categoría benxamín mixta, 44 da alevín mixta, 13 da infantil masculina e 8 da infantil feminina) e cada un xogou polo menos tres partidos.

O bo tempo acompañou nesta actividade na que tamén participaron 109 técnicos e 24 árbitros. Este acto pon fin á tempada nas 96 escolas de balonmán que levan abertas en 21 concellos da provincia dende outubro e nas que participaron preto de 1.800 mozos de todas as idades. Un xeito único de recuperar un deporte que estaba perdendo canteira e que agora comeza a conseguir de novo bos resultados.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.