Vigo al minuto

Este xoves empeza ‘GastroVigo’, unha ruta gastronómica por 22 restaurantes da cidade que durará 10 días

A partir deste xoves e durante 10 días, 22 restaurantes de Vigo- que podes atopar premendo aquí-ofrecerán menús degustación de alta calidade por un prezo de ata 25€. O Concello apoia esta nova iniciativa de Mahou porque supón «poñer en valor a gastronomía, a economía o comercio e o turismo da cidade».

Baixo a organización desta firma, en colaboración coa Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría (FEPROHOS) e Big Gourmand Michelin, ‘GastroVigo’ é un paso máis para consolidar Vigo como capital da gastronomía de Galicia.

Serán 22 restaurantes os que ofrecerán durante dez días unha selección de pratos e menús degustación que recollen o mellor da gastronomía galega.

Nesta iniciativa atoparanse propostas para todos os gustos, algunhas máis innovadoras e outras máis tradicionais, pero todas teñen en común unha coidada selección da materia prima e a garantía de calidade que supón contar con algúns dos mellores chefs de Galicia

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.