Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

As cintas mecánicas cubertas de Gran Vía permitirán ir dende Urzáiz á Praza de España en 2 minutos

O alcalde informou este xoves da aprobación dos expedientes de contratación por procedemento aberto da redacción dos proxectos de rehabilitación e transformación da Gran Vía e do soterramento do tráfico rodado da Porta do Sol.

Respecto do primeiro, cun importe de contratación de 218.000€, Abel Caballero destacou que a instalación de cintas mecánicas cubertas desde Urzáiz ata a Praza de España suporán unha «revolución» e permitirán facer ese percorrido en 2 minutos e medio, como un novo medio de transporte, apuntou.

O proxecto prevé a eliminación de interseccións e habilitaranse túneis. O rexedor lembrou que forma parte do Vigo Vertical, dotado de 19 millóns, dos que 15 os achegan os fondos Feder e o resto, o Concello.

Respecto do soterramento do tráfico rodado na Porta do Sol, a redacción do proxecto sae a concurso por 217.000€, coa intención de que as obras comecen a finais de ano e se prolonguen 18 meses.

A Porta do Sol -que conservará o parking- se transformará nunha gran praza colectiva, que anexionará as prazas da Princesa e da Constitución nun conxunto peonil conectado que comezará na Farola de Urzáiz, pasando por Príncipe, ata conectar co Casco Vello.

O orzamento inicial da remodelación da Porta do Sol é de 8,6 millóns e, segundo detallou, aproveitarase o actual aparcamento para crear un vial soterrado de dobre dirección de ata 210 metros de lonxitude.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.