Galicia

A Vaca e Boi de Galicia terán a súa Indicación Xeográfica Protexida

A Consellería do Medio Rural ten previsto publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) antes de que remate este mes de marzo a decisión favorable en relación coa inscrición da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Vaca e Boi de Galicia no rexistro comunitario correspondente. Xunto con esta resolución, darase tamén publicidade ao prego de condicións da IXP.

Así llelo anunciou a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, aos responsables da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega –impulsores desta iniciativa, en colaboración coa Xunta– nunha xuntanza de traballo.

A reunión serviu, precisamente, para ultimar esta decisión, que comportará unha maior protección e posta en valor da carne fresca procedente das vacas e bois da nosa comunidade. Este produto obtense das principais razas existentes, que son a Rubia Galega, Morena Galega, Asturiana de los Valles, Limusina, Rubia de Aquitania e Frisona.

Para recibir o selo da IXP Vaca e Boi a carne deberá presentarse refrixerada, sen que poida ser conxelada en ningún momento ao longo do proceso de obtención e comercialización. A vaca caracterízase por ser unha femia con alomenos unha xestación antes do sacrificio. O boi debe ser un macho castrado antes do ano de vida e que supera os 48 meses de idade antes do sacrificio.

Esta Indicación Xeográfica Protexida abarcará a totalidade do territorio galego. Os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia, co obxectivo de preservar a especificidade e controlar as condicións de obtención do produto. Cada fase constará dun etiquetado concreto. Establecerase un consello regulador único segundo os acordos para a indicación xeográfica protexida da tenreira galega e da carne de vaca e boi, co fin de manter unha relación entre estas dúas IXP.

Ternera Gallega

Nesta xuntanza tamén se avaliaron os bos resultados da IXP Ternera Gallega no 2016, cun incremento de arredor do 4% nos diferentes indicadores de número de explotacións amparadas, número de canais e toneladas de carne certificada (foron 20.600 en toda a anualidade). Os responsables desta Indicación tamén amosaron a súa satisfacción pola estabilidade rexistrada nos prezos do seu produto en orixe.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.