Galicia

Milleiros de persoas saen ás rúas de Galicia en contra da LOMCE e dos recortes en Educación

Milleiros de persoas, entre eles alumnos, país e nais, e profesores saíron este xoves ñas rúas das grandes cidades de Galicia, atendendo o chamameto feito pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, contra  a LOMCE, os recortes no ensino público, para que se restitúan os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación.

En Vigo, os manifestantes saíron da Praza de América e seguiron ata a Porta do Sol para demandar unha nova lei educativa que teña todo o apoio político e social ademáis dun pacto educativo, logo da suspensións das reválidas.

Para a Plataforma Galega  en Defensa do Ensino Público o chamado “pacto pola educación”, proposto polo Partido Popular, é un engano e unha farsa cuxo obxectivo non é outro que consolidar os principios e fundamentos da LOMCE. “En Galicia non sufrimos os recortes do mesmo xeito que no resto do Estado e o noso ensino ten necesidades específicas pola nosa realidade diferenciada».

No manifesto, ao final da movilización, pediuse, entre outras decisión, a derrogación da LOMCE e das súas reválidas e a elaboración dunha lei galega de educación; a defensa inequívoca do ensino público, galego, laico, coeducativo e gratuíto; o recoñecemento e asunción da pluralidade nacional, cultural e lingüística do Estado para poder conformar un sistema educativo galego, enraizado na nosa realidade social, cultural, histórica e lingüística; o compromiso de dedicar o 7% do PIB á Educación; a eliminación inmediata das subvencións aos centros que segregan alumnado por razón de xénero, co obxectivo de suprimir os concertos no ensino non obrigatorio e continuar co resto dos concertos educativos para conseguir unha única rede, a pública; a redución das ratios máximas do alumnado por aula: 15 en educación infantil e 20 no restos dos niveis educativos e a redución destas cando se escolarice alumnado con necesidades especiais; a gratuidade e oferta pública suficiente de prazas en educación infantil de 0 a 3 anos; derrogación do Decreto 79/2010 de plurilingüismo e elaboración dunha nova norma que garanta a vehiculización do ensino en galego para a plena normalización lingüística; eliminación da materia de Relixión do currículo escolar ou dotación de suficiente profesorado en todos os niveis educativos que garantan a atención á diversidade e a unha educación adecuada, co persoal necesario, ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.