Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis sinala que a Cidade do Mar na ETEA é «unha prioridade»

Diante da posibilidade real de que o proxecto do «Campus do Mar», non se execute nos terreos da ETEA, a Asociación Veciñal de Teis, sinala que, desde o comezo, apoiara a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, porque permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar edificios agora abandonados, darlle utilidade a estes terreos  e compatíbel con outros usos.

Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento do » Campus do mar » é “unha prioridade” e non se pode permitir máis atrasos e, porén, é necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións -Concello, Xunta e Consorcio de Zona Franca- implicadas no desenvolvemento  da ETEA.

A » Cidade do Mar «, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo,  que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes  administracións.

O  pasado 3 de maio de 2016, Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron unha xuntanza. Abel Caballero, afirmou que a xuntanza  » serviu para darlle luz verde á nova dimensión e ao estabelecemento da universidade na ETEA «, comprometéndose a que o Concello levará esta proposta ao seguinte pleno do Consorcio da Zona Franca, algo que non aconteceu logo de dez meses.

A xuizo da asociación vecinal, “Abel Caballero, mantén unha actitude irresponsábel, pondo en perigo este proxecto”, os veciños creen que “o alcalde deberá preocuparse das súas responsabilidades e compromisos na ETEA, como o mantemento do paseo marítimo  ou a apertura da piscina. No caso da piscina logo de investir diñeiro público,  de anunciar a súa posta en funcionamento en varias ocasións agora quer cubrila”.

A Asociación leva anos denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións, Concello e Xunta ,e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.

Agora, remata,  hai un proxecto e fondos para investir na ETEA, “atopámonos coa paralización do mesmo.  Chega xa de utilizar a ETEA, para o enfrontamento entre as administracións. Non podemos  perder o proxecto do «Campus do Mar» na ETEA.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.