Galicia

Galicia conta con unha nova ‘Casa da Lamprea’

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, inaugurou a Casa da Lamprea, un lugar onde coñecer e degustar este tradicional peixe galego.

Durante o acto, a responsable de Turismo da Xunta destacou que, a pesar da importancia que adquire neste concello a súa relación co río Ulla e coa lamprea, patente na celebración anual da Festa da Lamprea, non dispoñía dun espazo axeitado que reflectise estes vínculos. Neste senso, explicou que “este novo espazo enfocado á rúa é un punto de encontro, de música, de baile, pero por encima de todo é un lugar onde gozar da lamprea”.

A Casa da Lamprea é resultado dun convenio de colaboración a través do cal Turismo de Galicia realizou unha achega de preto de 70.000 euros ao concello de Pontecesures para a creación desta Casa da Lamprea, da cal Nava Castro afirmou, “hoxe podemos celebrar que é unha realidade”.

Nava Castro salientou que esta actuación constitúe unha aposta máis por poñer en valor este peixe e todos os recursos vinculados a el. Así, afirmou, que esta casa pon en valor a Ruta da Lamprea, que combina os numerosos recursos vinculados á lamprea de cada unha das zonas dos tres ríos nos que habita en Galicia, o río Miño, Tambre e Ulla, coa visita a lugares de interese natural e cultural da súa contorna como miradoiros, paseos, pontes ou capelas entre outros. Así mesmo, ofrece multitude de restaurantes que permiten degustar este manxar de maneiras moi diversas.

“Con todo, a Ruta da Lamprea potencia a oferta turística dos dezaoito municipios que o integra, así como na súa área de influencia, a través dos seus itinerarios que aglutinan diferentes recursos que conxuntamente constitúen un gran atractivo”, sinalou a directora de Turismo de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.