Ciencia y Tecnología Galicia

SOS Sanidade Pública alerta de que os recortes son os que causan o caos en Urxencias pola gripe

SOS Sanidade Pública ven de alertar que os recortes e a falla de persoal son os causantes  do caos nos servicos de Urxencias dos hospitais públicos de Galicia. Nun comunicado enviado este domingo, SOS Sanidade Pública amosa o seu apoio á campaña da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública que esixe un «plan de urxencia que contemple a reposición de persoal, camas, e centros de saúde, antes de que o deterioro sanitario non teña volta atrás».

A Asociación denuncia que ateigar os corredores con pacientes atenta contra a súa dignidade e, ademáis agrava o seu padecemento, algo do que culpa a Sanidade que cortou o seu orzamento nun 18,3%.

Dende o comezo da crise, engade a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, a sanidade pública galega perdeu 477 camas e máis de 392 médicos en centros de saúde e 121 hospitas, ao que hai que sumar a paralización da apertura de 66 novos centros de saúde.

Esta asociación denuncia, tamén, a «ausencia de planificación» para combater «epidemias periódicas e estacionais» coma a da gripe, que deberían «obrigar aos servizo sanitarios a ter previstos recursos para facerlles fronte».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.