Comarcas

Redondela e Xunta asinan un convenio para por en marcha un centro de día

O conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a próxima apertura do novo centro de día do municipio.

Cando este equipamento abra as súas portas dará servizo inicialmente a 20 usuarios, sendo a súa capacidade máxima de 40 prazas que se irán cubrindo a medida que se vaia reforzando o servizo.

A Xunta de Galicia investiu na súa construción case 2,3 millóns de euros, ademais doutros 32.000 euros destinados á preparación do centro para a súa posta en funcionamento. O concello contribuirá ao financiamento dos gastos de funcionamento deste centro de atención diúrna, achegando un importe de 2.500 euros ao ano por cada unha das prazas ocupadas por usuarios empadroados en Redondela.

También te puede interesar