Galicia

A Xunta investirá un 33% máis nas provincias de Lugo e Ourense e incluirá 391 millóns de euros en beneficios fiscais para familias

 

A Xunta de Galicia incrementará en 2017 o gasto de todas as consellerías e destinará ás provincias de Lugo e Ourense un maior gasto por habitante que en A Coruña e Pontevedra, co obxectivo de seguir avanzando no reequilibrio territorial entre as provincias orientais e as atlánticas. Así o indicou este sábado o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, na presentación no Parlamento dos Orzamentos da Xunta para 2017.

gasto por habitante nas provincias de Lugo e Ourense será de 3.522 e 3.355 euros, respectivamente. Mentres, o gasto per cápita da Administración autonómica na provincia de A Coruña será de 2.457 euros, e de 2.728 euros na de Pontevedra. Isto supón que o gasto por habitante nas provincias orientais é un 33% superior ao gasto nas provincias atlánticas.

En termos absolutos, o maior volume de gasto correspóndese coas provincias máis poboadas. Así, a Xunta destina á provincia de A Coruña 2.769 millóns de euros, e á de Pontevedra outros 2.584 millóns. O volume global é menor nas provincias orientais por ter menos habitantes, xa que Lugo recibirá 1.195 millóns e a de Ourense, outros 1.068 millóns.

Por outra banda, os orzamentos inclúen beneficios fiscais para familias, fogares e empresas por un importe de 391 millóns de euros, o que supón un incremento do 7,4% con respecto ao exercicio deste ano. E, segundo Martínez, casi o 92% destas medidas son de carácter social.

Sanidade e Cultura e Educación, as consellerías con máis orzamento

Respecto do gasto por consellerías, os departamentos autonómicos que terán máis dotación en 2017 son Sanidade (3.614 millóns, 101 máis que este ano) e Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (2.314 millóns, 65 máis). A Consellería de Política Social contará con 645 -medra en 25 millóns-, e a de Medio Rural terá 520, cun incremento de 15 millóns respecto ao actual exercicio.

A continuación estará a consellería de Economía, Emprego e Industria, que medra en 31 millóns ata acadar os 434; Infraestruturas e Vivenda (351 millóns, 11 máis); a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (262, cun aumento de 9 millóns) e a Presidencia da Xunta, con 175 millóns, 6 máis.

Finalmente, a Consellería do Mar aumenta a súa dotación orzamentaria en 13 millóns respecto do actual exercicio e acada os 142; a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, con 112 millóns -3 máis que en 2016- e a Consellería de Facenda, que medra en 2 millóns, ata os 53.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.