Galicia

A @depo_es contará cunha única ordenanza xeral para todas as subvencións

subvenciones

A Deputación de Pontevedra aprobará no vindeiro pleno unha ordenanza xeral para todas as subvencións que se impulsen desde o organismo provincial. Por primeira vez a institución contará cunha ordenanza xeral para as subvencións, que será o marco público de xestión e regulamentará as convocatorias e as obrigas detalladas de cada parte, beneficiando, desta maneira, tanto ás receptoras e receptores como ás xestoras e xestores.

Dende a entidade recalcan que a, partir de agora «todas as e os solicitantes terán a información de antemán con claridade», reforzaranse as garantías xurídicas de concesión e recepción xa que se regularán todos os aspectos da relación xurídica subvencional, completarase o marco lexislativo de aplicación para evitar interpretacións subxectivas, garantiranse os prazos de pago ós acredores das beneficiarias e beneficiarios e as deducións de parte das subvencións por incumprimento de obrigas, esixiranse formas de contratación máis transparentes e avanzarase en aspectos como as subvencións en especie.

A Deputación de Pontevedra xestiona anualmente máis de 117 millóns de euros destinados a subvencións e actividades de fomento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.