Comarcas Galicia

A @depo_es vixiará a seguridade en todas as obras da provincia

asfaltado

A Deputación de Pontevedra garantirá mediante unha asistencia técnica que todas as obras que realice o departamento de Mobilidade na provincia cumpran coa normativa vixente en materia de seguridade, saúde e prevención de riscos laborais. O contrato terá unha duración de dous anos prorrogables a outros dous e unha contía variable en función do número de obras a executar.

A empresa seleccionada foi a unión temporal de empresas (UTE) Tepril-Ingeniería del Noroeste, que presentou una oferta económica moito máis baixa que a marcada no prego de licitación. A proposta das bases era que a firma cobrase un 1% do valor de cada proxecto a supervisar (IVE engadido), mais a UTE rebaixou a cifra ata o 0,492%. No prego establecíase que o valor de obra provincial alcanzará un máximo de 17.000.000 de euros, polo que a tarifa máxima poderá chegar ata os 83.300 euros.

A día de hoxe a área técnica da Deputación non dispón de medios persoais nin materiais suficientes e adecuados para realizar os traballos requiridos legalmente en materia de riscos laborais nas obras. De feito, nos últimos tempos a vixilancia realizábaa unha empresa á que se contrataba puntualmente. A partir de agora o traballo quedará sistematizado e de cara a vindeiras actuacións o procedemento administrativo para executar obras será máis breve, xa que Tepril-Ingeniería del Noroeste encargarase de todas as supervisións.

Será responsabilidade da empresa seleccionada a coordinación e a aplicación de principios de prevención e seguridade á hora de planificar os traballos e fases de cada proxecto, informar o plan de seguridade e saúde no traballo, lograr que os contratistas e autónomos apliquen de maneira coherente e responsable a acción preventiva de riscos laborais, controlar os accesos a cada unha das obras, elaborar un plan de control e vixilancia e unha planificación diaria das visitas, así como vixiar o grao de cumprimento das medidas recollidas na lexislación. Así mesmo, será preceptiva a redacción dunha memoria mensual sobre as actuacións realizadas en materia de seguridade e saúde.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.