Destacados Vigo al minuto

680.000 euros para a reforma do campo de fútbol do Carballal

campo-futbol-carballal

Co obxectivo de que «todos os nenos e nenas de Vigo» practiquen fútbol en campos de herba, o Concello de Vigo acometerá a reforma do campo do Carballal-A Bandeira, tras a aprobación en Xunta de Goberno Local do proxecto básico e de execución das obras por un importe de licitación de 680.000 euros.

Nunha primeira fase vaise instalar herba artificial e acondicionarase un talude amais de pechar a parcela e, máis adiante, acometerase a reforma dos vestiarios e será construída a bancada.

Por outro lado, o concello de Vigo tamén ten pendente de executar unha partida para a instalación de herba no campo de fútbol do Colexio Hogar, para o que falta a autorización da Fundación Abanca que «confía» en ter pronto.

Ademais, a Xunta de Goberno local aprobou tamén a contratación dos servizos de mantemento e soporte de aplicacións informáticas do Concello por un importe de 139.000 euros e a adxudicación da contratación dos servizos de mantemento e reparación das instalacións de contedores soterrados municipais, por valor de 70.062 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.