Ciencia y Tecnología

Aberto o prazo para solicitar préstamos para financiar investimentos nas Pemes industriais

pemeO Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria coas bases reguladoras do novo programa de préstamos directos do Igape, dotado con 12 millóns de euros e destinado a financiar investimentos de pemes, especialmente os centrados no ámbito industrial e os aliñados coas actuacións promovidas pola Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e a RIS3. O prazo para presentar solicitudes xa está aberto.

A nova liña de préstamos poderá financiar o 70% de investimentos empresariais a partir de 70.000 € mediante a concesión de créditos desde 49.000 € con xuros fixos e prazos de amortización de ata 11 anos, incluíndo un de carencia. Os préstamos que se concedan poderán financiar tanto a creación dun novo establecemento produtivo como os investimentos para a diversificación da produción ou cambios substanciais en procesos produtivos xa existentes.

Os tipos de xuro calcularanse en referencia ao euríbor vixente, sumando un diferencial que dependerá da contía do préstamo e das garantías achegadas. Para os tramos do préstamo garantidos mediante aval bancario ou dunha Sociedade de Garantía Recíproca (SGR), o diferencial que se sumará ao euríbor será de só un 0,10%. Este diferencial será do 0,2% nos tramos sen aval de préstamos de ata 840.000 €, e poderá chegar ao 0,7% para os tramos de 840.000 a 1.400.000 € non cubertos con aval.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.