Comarcas

A Xunta investirá 60.000 euros para a mellora das sendas do río Tea e Xabriña

mondariz senda tea

A Xunta de Galicia investirá en Mondariz algo máis de 60.000 euros co obxectivo de mellorar as sendas do río Tea e Xabriña. Así se establece no convenio de colaboración asinado pola titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Xoán Carlos Montes.

O obxectivo desta actuación é mellorar estas infraestruturas, que quedaron deterioradas logo das riadas producidas este ano. Estes traballos redundarán nunha mellora das condicións de vida da veciñanza, ao aumentar e mellorar a accesibilidade aos ríos.

O organismo autonómico Augas de Galicia encargarase de contratar e executar as obras, así como de controlar a calidade e seguridade das mesmas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.