'Qué te cuentas?'

A Casa de Galicia en Touluse e @depo_es colaborarán no eido turístico e da memoria histórica

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, coa presidenta da Casa de Galicia en Touluse, María López Muradás, na xuntanza que mantiveron na cidade francesa
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, coa presidenta da Casa de Galicia en Touluse, María López Muradás, na xuntanza que mantiveron na cidade francesa

A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo unha xuntanza de traballo coa presidenta da Casa de Galicia e vicepresidenta da española en Touluse, María López Muradás, na que mostrou a súa intención de iniciar un proceso de colaboración con esta entidade.

Carmela Silva mostrou a súa disposición a establecer unha relación habitual con esta organización  «ante o abandono que sofren os nosos emigrantes por parte da Xunta de Galicia».

Silva tamén  anunciou a María López Muradás a posibilidade de aproveitar a presenza dos emigrantes nesta cidade francesa como plataforma para unha iniciativa turística da institución provincial.

Por outro lado, a presidenta da entidade provincial  tamén avanzou a posibilidade de realizar algún acto entorno  a «memoria histórica» para «agradecer a todos os homes e mulleres que loitaron por defender a legalidade  fai oitenta anos e aos promotores da España democrática na que hoxe vivimos».

Silva e López Muradás acordaron manter unha canle de información e colaboración constante para seguir a dar forma as iniciativas faladas neste encontro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.