Comarcas

Pulo ao Sendeiro Litoral da Guarda entre as praias de Area Grande e Muíño

carmela a guarda

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinaron este luns un convenio de colaboración para poñer en valor o Sendeiro Litoral da Guarda, un dos once sendeiros azuis recoñecidos este ano na provincia de Pontevedra, a provincia española con máis distintivos deste tipo.

O Sendeiro Azul da Guarda une a praia marítima de Area Grande coa praia fluvial do Muíño, incluíndo tamén a Ruta das Cetáreas, un sendeiro «espectacular» á beira do mar «moi transitado e visitado sobre todo nos meses de verán», como salientou Lomba.

As actuacións no sendeiro consistirán na reposición e reparación de firme, así como en melloras na sinalización. Farase un investimento total de case 17.000 euros, dos que o 80% os achega a Deputación.

Este convenio enmárcase nun plan conxunto que ten a Deputación en colaboración cos concellos para a posta en valor dos sendeiros azuis da provincia, cun investimento global de 184.000 euros. O da Guarda é o cuarto convenio deste tipo asinado, despois dos de Ponte Caldelas, Nigrán e Baiona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.