Comarcas Vigo al minuto

Paros en Frigolouro Porriño para denunciar o impago de parte da nómina e da extra de xullo

Folga FrigolouroO comité de empresa Frigolouro, compañía con sede no Porriño e pertencente ao grupo ourensán Coren, vén de anunciar a convocatoria de paros parciais para denunciar o impago dunha parte da última nómina e a paga extraordinaria do mes de xullo. A medida de presión, que foi ratificada en asemblea polos traballdores, desenvolverase este martes e todos os venres de xeito indefinido nas quendas de mañá e de tarde.

A representación sindical de Frigolouro (COO, UGT, CIG e Sindicato Independiente de Trabajadores) trasladoulles a proposta aos empregados, que aprobaron por unanimidade en asemblea facer paros de dúas horas diarias este martes día 19 e todos os venres de xeito indefinido. A protesta desenvolverase de 13.50 a 14.50 horas quenda de mañá e de 14.50 a 15.50 horas na de tarde.

A medida de presión chega despois que que a empresa deixase de ingresar unha parte do último salario e a paga extra correspondente do mes de xullo, situación que foi denunciada pola CIG diante da Inspección de Traballo. Dende a central agardan que estas mobilizacións obriguen a dirección da compañía a cumprir coas súas obrigacións co conxunto do cadro de persoal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.