Galicia Sucesos

Atrapado un camión volquete baixo unha ponte do Polígono do Tambre

volquete atrapado 01
Fotos cedidas.

Un camión con volquete bateu este martes contra a ponte do Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela, e quedou atoado baixo a estrutura. Os feitos ocorreron sobre as 16.00 horas de onte, cando o vehículo circulaba pola N-550 en dirección cara A Coruña.

volquete atrapado 02
Fotos cedidas.

Os bombeiros tiveron que empregar a autoescada para poder sacar do interior da cabina ao conductor, que resultou ferido. Unha vez fóra do camión foi atendido polos servizos sanitarios e trasladado á Clínica Rosaleda de Santiago nunha ambulancia de Urxencias Médicas. Foi un particular o que alertou do accidente ao CAE 112, que activou o protocolo de operación que se completou con varios axentes da Garda Civil de Tráfico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.