Comarcas

Case 130.000 euros para as melloras de tres concellos

concello cañiza

A Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar tres novas achegas para melloras en tres localidades da provincia dentro do Plan Concellos 2016. Por un lado, o concello de A Cañiza recibirá unha axuda de 80.000 euros para o alumeado público en Valeixe e Petán e para a construción de beirarrúas no polígono industrial do concello e que se suman aos máis de 297.000 euros que o organismo provincial leva investindo neste municipio no que vai de ano.

Pola súa banda, o concello do Rosal recibirá algo máis de 29.400 euros para a impermeabilización dun depósito de auga potable na Buraca e Arbo terá unha achega de preto de 10.000 euros para o subministro de varios servizos municipais, unha dotación que se suma aos 100.000 euros abonado pola Deputación para a compra dun tractor ou a ampliación e mellora da rede de abastecemento das parroquias do municipio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.