Destacados Vigo al minuto

O BNG quere cambiar 15 normas do pleno para gañar «democracia»

Quere máis transparencia e democracia no concello. O BNG presentou hoxe por rexistro 15 enmendas ao regulamento orgánico do pleno do Concello de Vigo aprobado o pasado 30 de marzo,

Estas reclamacións fan especial fincapé nas limitacións que o novo regulamento supón tanto para a cidadanía como para os concelleiros á hora de coñecer a realidade do Concello e de exercer «a liberdade de expresión», como explicou o portavoz nacionalista, Serafín Otero.

Entre as enmendas, a petición de que «non se limiten as funcións dos concelleiros nun momento no que hai que facer máis fincapé na transparencia» dando á oposición acceso a todos os expedientes antes de chegar ao pleno.

Para o BNG esta nova normativa tamén limita o acceso dos cidadáns ao pleno, «unha forma máis de expresión e de poder trasladar directamente aos políticos as súas denuncias, xa que todo queda supeditado ao que decida o alcalde».

Ademais, asegura que limita o número de moción e preguntas e esixen que se dea paso á iniciativas que proveñen de fóra e que só se precisen 5.000 sinaturas para estas propostas e non as do 10% do censo da cidade. Ademais piden que se respecte a ordenanza de normalización lingüística que mantiña o pleno en galego. O grupo nacionalista levará estas enmendas a organizacións sindicais e políticas e a movementos sociais e veciñais.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.