Galicia

Méndez Romeu concorre ás primarias do PSdeG

mendez romeu

Para recuperar «os mellores valores do socialismo». Este é o motivo polo que o portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, fixo hoxe pública a súa intención de presentar a súa candidatura ás eleccións primarias internas do PSdeG-PSOE, das que sairá o candidato á presidencia da Xunta para as eleccións deste outono.

Méndez Romeu asegurou nun acto en Santiago no que contou co respaldo de cargos institucionais e orgánicos do partido en Galicia, que quere «poñer poñer punto e final a unha etapa de decadencia, a necesidade de abordar con solvencia, con rigor, pero tamén con forza e con ilusión o cambio político en Galicia».

O portavoz tamén asegurou que non se trata dunha campaña contra ninguén, senón que se presenta «a favor do goberno de Galicia e, polo tanto, convido a todas as tendencias, a todas as vontades, a todas as sensibilidades do Partido Socialista a sumarse nun proxecto común, integrador, construtivo, orientado ás persoas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.