Empleo Galicia

Prácticas en empresas para 400 mozos e mozas

7P2A3006

Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá o Plan de Práctica Laboral 2016 en empresas para mozas e mozos sen experiencia laboral previa, co que se pretende «reducir a taxa de desemprego xuvenil, un dos retos máis importante ao que nos enfrontamos, e mellorar, nun futuro, a calidade e a estabilidade no emprego”, como salientou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Deste xeito, a institución provincial vai destinar durante este ano 669.192 euros para este plan, a través do que 400 persoas sen experiencia laboral previa no ámbito dos seus estudos poidan traballar en empresas do sector privado, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) e organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica para facilitar a súa futura incorporación ó mercado de traballo.

En total,  360 das persoas beneficiarias traballarán en empresas privadas e 40 en corporacións sectoriais e organizacións non gobernamentais, recibindo entre 700 e 800 € ó mes durante 6 meses, con posibilidade de prórroga por outros seis.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.