Cultura Vigo al minuto

Vigo súmase á convocatoria feita en toda Europa contra acordo “ilegal e inmoral” da UE con Turquía e polos dereitos dos #Refuxiados

2016 03 17 CartazProtestaSolidariedadeRefuxiadosVigo.grandeOrganizacións sociais, políticas e sindicais convocan para este mércores, día 16 de marzo, ás 8 da tarde, concentracións en cidades e vilas galegas-en Vigo será diante do MARCO, en Príncipe- contra a decisión da Unión Europea de enviar as persoas refuxiadas a Turquía. Mobilizacións que están convocadas en toda Europa e ás que chaman a participar para dar resposta a estas políticas hostiles coas miles de persoas refuxiadas que pretenden confinar en Turquía.

As organizacións asinantes consideran inmoral o Acordo da UE-Turquía. É vergoñoso, ilegal e vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan a cidadanía a concentracións cidadás o próximo 16 de marzo.

Ademáis, denuncin que a Unión Europea trata as persoas refuxiadas como moeda de cambio co Goberno de Turquía ao tempo que pon de manifesto a deterioración do proxecto europeo cun acordo que traslada a crise das persoas refuxiadas fóra das súas fronteiras.

O acordo previo adoptado o 7 de marzo polo Consello de Europa con Turquía evidencia a absoluta insensibilidade da UE e os Estados membros ante a crise humanitaria das persoas refuxiadas que arriscan a súa vida fuxindo da guerra.

«A Unión Europea, ademais de incumprir a legalidade internacional, elude a súa responsabilidade de dar resposta aos milleiros de refuxiados e refuxiadas que se amorean nas súas fronteiras, mediante un acordo con Turquía para deportar a ese país a todos os inmigrantes, económicos e tamén demandantes de asilo, que cheguen á UE a través deste país, a cambio de que os Estados membros recoloquen o mesmo número de refuxiados asentados en territorio turco».

Segundo denuncian, a Unión Europea urdiu un plan que vulnera a especial protección que o dereito internacional lles recoñece ás persoas que demandan asilo mediante a asimilación de inmigrantes económicos e refuxiados, todos eles considerados «ilegais». Expulsarase a Turquía as persoas refuxiadas que chegaron a Europa por esta vía.

Os organizadores aseguran que a Unión Europea «comprou as devolucións a Turquía por 3.000 millóns de euros, polos custos de xestión, e 3.000 millóns adicionais en 2018, sen ningún mecanismo de control do destino do orzamento». Este acordo ampliase ademais coa «eliminación do requisito de visado para as cidadás e cidadáns turcos en Europa a partir de xuño de 2016 e a axilización da entrada de Turquía na UE».

Obviouse, curiosamente, que «o Goberno de Erdogan viola de forma reiterada dereitos fundamentais como a liberdade sindical, o dereito laboral, a liberdade de prensa e expresión —como o recente caso do diario Zanan, próximo á oposición ao Goberno turco, ou a masacre do pobo kurdo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.