Galicia Sucesos

Tres mortos e 65 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Ambulancia-061-1O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 68 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, dende as 3 da tarde do venres ás 12 menos un minuto da noite deste domingo. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 45 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 68 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 80. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 52 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 14 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en seis sinistros.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en dous ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e tres persoas faleceron no punto do sinistro.

También te puede interesar