Destacados Vigo al minuto

O BNG pide a retirada do Plan do Litoral por pechar Vigo ao mar

Bloquea o ordenamento urbanístico da cidade e condiciona de forma importante a recuperación de Samil. Por iso, o grupo municipal do BNG levará ao vindeiro pleno unha moción urxente para pedir a retirada do Plan de Ordenación do Litoral promovido pola Xunta e que non está adaptado á lexislación urbanística actual, polo que obrigaría a modificar un Plan Xeral xa aprobado para poder desenvolver algunhas actuacións.

Sen «límites á expansión do Porto nin ningunha medida para conservar a ría», segundo o BNG o Plan consolida regatos que xa non existen, como o que acontece en Oia o Saiáns, onde crea un nivel de afectación de 250 metros que impide o desenvolvemento urbanístico, e delimita mal zonas como Navia, Alcabre, Canido, Coruxo e Castrelo, polo que 1.000 edificacións quedarían fóra.

Coas actuais delimitacións do Plan do Litoral condiciónanse seis núcleos fundamentais para a rexeneración das dunas e a recuperación do areal de Samil obrigando a abrir un novo proceso de expropiacións. Os nacionalistas presentarán as súas propias alegacións antes do 15 de maio e informarán a colectivos e asociacións nun acto conxunto o vindeiro 6 de maio no que participará a deputada Teresa Táboas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.